Ficheiro Léame do OpenOffice.org 3.4

Para as últimas atualizacións deste ficheiro LEAME, ver http://www.openoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.

A comunidade OpenOffice.org, responsábel do desenvolvemento deste produto, convídao a participar como un membro da comunidade. Como novo usuario, pode navegar no sitio do OpenOffice.org que contén informacións útiles para o usuario en http://www.openoffice.org/about_us/introduction.html

Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org.

É OpenOffice.org realmente gratis para calquera?

OpenOffice.org é de uso libre por calquera persoa. Vostede pode coller esta copia do OpenOffice.org e instalala en tantos computadores como queira, e usalo para calquera propósito que queira (incluído comercial, gobernamental, administración pública e uso educativo). Para máis detalles vexa a licenza entregada canda o OpenOffice.org ou http://www.openoffice.org/license.html

Por que OpenOffice.org é gratis para calquera persoa?

Vostede pode usar hoxe esta copia de OpenOffice.org libre de cargo porque persoas individuais e patrocinadores corporativos deseñaron, desenvolveron, testaron, traduciron, documentaron, deron asistencia, publicidade e axudaron doutras moitas maneiras a facer OpenOffice.org o que é hoxe en día - a suite ofimática máis importante do mundo feita con software libre.

Se aprecia os esforzos da comunidade e quere asegurar que OpenOffice.org siga no futuro, considere contribuír co proxeto. Ver http://contributing.openoffice.org para máis detalles. Todo o mundo pode contribuír con algo.

Notas sobre a instalación

OpenOffice.org require a unha versión recente de JAVA para a súa completa funcionalidade que é parte do paquete de instalación de OpenOffice.org.

Requirimentos do sistema

Hai unha grande variedade de distribucións de Linux, e mesmo coa mesma distribución pode haber diferentes opcións de instalación (KDE ou Gnome, etc.). Algunhas distribucións traen a súa versión propia de OpenOffice.org, que pode ter diferentes características da versión da comunidade de OpenOffice.org. Ás veces pode instalar a versión da comunidade de OpenOffice.org xunto coa versión da distribución. No entanto, normalmente é máis seguro retirar a versión da distribucións antes de instalar a versión da comunidade. Consulte a documentación da súa distribución para obter instrucións de como facer isto.

Recoméndase que sempre faga unha copia de seguranza do seu sistema antes de instalar ou retirar software.

Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no cartafol temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.

Incompatibilidade de extensión de base de datos

O motor de base de datos Berkeley foi anovado nesta versión de OpenOffice.org. A anovación do motor de base de datos introduce unha incompatibilidade cos datos de usuario das extensións instaladas da OpenOffice.org para versións anteriores á 3.2 que poden necesitar a súa intervención se vostede volve a unha versión anterior de OpenOffice.org.

Esta versión de OpenOffice.org converterá a extensión da base de datos ao novo formato de base de datos Berkeley cando as extensións sexan instaladas ou retiradas. Logo desta conversión, a base de datos xa non se poderá ler con versións anteriores de OpenOffice.org. A regresión a unha versión anterior pode significar unha instalación disfuncional.

Se volve a unha versión anterior de OpenOffice.org, debe retirar o cartafol de datos do usuario {user data}/uno_packages, por exemplo ~/.openoffice.org/3/user/uno_packages, e reinstalar todas as extensións.

Problemas durante a inicialización do programa

Se ten problemas ao iniciar OpenOffice.org (especialmente usando Gnome), «desconfigure» a variábel de entorno SESSION_MANAGER do shell utilizada para iniciar OpenOffice.org. Pode facer isto engadindo a liña «unset SESSION_MANAGER» ao inicio do script do shell de soffice que se atopa no cartafol «[cartafol office]/programa».

Os problemas ao iniciar OpenOffice.org (p.ex. aplicativo colgado) ou as dificultades coa pantalla adoitan ser debidos aos controladores da tarxeta gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron co sistema operativo. Os problemas para visualizar obxectos 3D adoitan solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Ver - Visualización 3D'.

Teclas de atallo

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice.org son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice.org conforme se describe na Axuda de OpenOffice.org, comprobeverifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OpenOffice.org. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice.org ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

Bloqueo de ficheiros

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en OpenOffice.org. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o entorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OpenOffice.org ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.

Notas importantes de accesibilidade

Para máis detalles sobre características de acessibilidade no OpenOffice.org, ver http://www.openoffice.org/access/

Asistencia do usuario

A páxina principal de asistencia http://support.openoffice.org/ ofrece varias posibilidades para obter axuda sobre OpenOffice.org. A súa pregunta pode xa ter sido respondida - busque no foro da comunidade en http://user.services.openoffice.org ou procure os arquivos da lista de discusión 'users@openoffice.org' en http://www.openoffice.org/mail_list.html. Alternativamente, pode enviar as súas preguntas a users@openoffice.org. Para asinar a lista para receber a súa resposta, vexa esta páxina: http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Website/Content/help/mailinglists.

Visite tamén a sección de FAQ en http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ.

Informar de erros & incidencias

O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, seguimento e solución de erros e incidencias. Animamos os usuarios a que se sintan incluídos e saiban benvidos os informes sobre os problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.

Participación

A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

As a user, you are already a valuable part of the suite's development process and we would like to encourage you to take an even more active role with a view to being a long-term contributor to the community. Please join and check out the user page at http://incubator.apache.org/openofficeorg/get-involved.html

Como comezar

A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse nunha ou máis listas de correo, observar por un tempo e usar gradualmente o arquivo de mensaxes para se familiarizar con algúns dos temas tratados desde que o código fonte de OpenOffice.org foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados co software libre, mire a nosa lista de To-Do e vexa se hai algo co cal lle gustaría axudar en http://development.openoffice.org/todo.html.

Subscribirse

Here are a few of the Project mailing lists to which you can subscribe at http://incubator.apache.org/openofficeorg/mailing-lists.html

Joining the Project

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!

At http://incubator.apache.org/openofficeorg/get-involved.html you will find a first overview where you can start with, ranging from Localization, QA, user support to some real core coding projects. If you are not a developer, try the Documentation or the Marketing Project. The OpenOffice.org Marketing Project is applying both guerilla and traditional commercial techniques to marketing open source software, and we are doing it across language and cultural barriers, so you can help just by spreading the word and telling a friend about this office suite.

You can help by joining the marktig mailig list ooo-marketing@incubator.apache.org or visit the Marketing Communications & Information Network on http://marketing.openoffice.org where you can provide point communication contact with press, media, government agencies, consultants, schools, Linux Users Groups and developers in your country and local community.

Esperamos que aprecie traballar co novoOpenOffice.org 3.4 e que se una a nós en liña.

A Comunidade OpenOffice.org

Código fonte usado / modificado

For detailed information about used and or modified source code see the NOTICE file whihc is part of the installation.